HomePontevedraO CondadoMarta Valcarcel e Abel Losada poñen en valor a renovación do alumeado...

Marta Valcarcel e Abel Losada poñen en valor a renovación do alumeado público de Salvaterra cun investimento de 2,1 millóns de euros

- Anuncio -spot_img

O municipio moderniza a súa infraestrutura de iluminación e reduce o consumo eléctrico case un 70% grazas a unha axuda do Ministerio de Transición Ecolóxica e financiada con fondos NextGenerationEU

O Concello de Salvaterra está a piques de rematar a renovación completa da súa rede de iluminación pública en tódolos seus núcleos e vías de comunicación gracias a unha achega de 2.140.003 euros de fondos europeos NextGeneration EU. A achega foi tramitada polo Ministerio de Transición Ecolóxica e enmárcase no programa DUS5000, que forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) do Goberno de España.

A alcaldesa, Marta Valcárcel, e o subdelegado do Goberno, Abel Losada, visitaron hoxe as obras e puxeron en valor a aposta polo medio ambiente e a mellora na calidade na prestación deste servizo público. A actuación inclúe a substitución de 4.994 puntos de luz con tecnoloxía LED de Alta Eficiencia, así como a renovación de 75 cuadros de alumbrado, brazos, columnas, cableados e outros elementos, cumprindo cos preceptos do Regulamento Electrotécnico para unha correcta maniobra e protección. A obra, que se prevé rematar o 6 de xuño de 2025, supón un importante avance cara a unha iluminación máis eficiente e sostible. As obras permiten un aforro enerxético na rede de iluminación pública dun 67%.

O subdelegado do Goberno destacou a colaboración decidida do Goberno cos municipios de reto demográfico, facendo chegar os fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), e tamén valorou a iniciativa de Salvaterra de Miño para presentar proxectos como este, que apostan pola sostibilidade.

Pola súa parte a alcaldesa de Salvaterra de Miño manifestou a importancia da colaboración con outras institucións que busca a mellora da eficiencia no concello e dar mellores servizos ós nosos veciños e veciñas.

Entre os principais beneficios desta renovación destacan os seguintes datos de aforro: Consumo de enerxía en 2024: 1.748.714,03 kWh/año, xerando 624.290,91 kg de emisións de CO₂.

  • Consumo estimado tras a renovación en 2025: 572.720,82 kWh/año, con emisións de 204.461,33 kg de CO₂.
  • Aforro enerxético: 1.175.993,21 kWh/año, o que supón un 67% respecto aos consumos iniciais.
  • Aforro económico estimado: 188.158,91 euros anuais, considerando un custo de 16 céntimos por kWh

A actuación conta coa colaboración da empresa IDOM en tarefas de enxeñaría e a firma Electricidad Condado como contratista responsable da execución.

Publicacións Relacionadas