HomeTabeirósA EstradaA Deputación investirá máis de 873.200 euros en nove estradas provinciais que...

A Deputación investirá máis de 873.200 euros en nove estradas provinciais que atravesan Caldas de Reis, Cuntis, A Estrada, Forcarei e Silleda

- Anuncio -spot_img

Este investimento enmárcase no acordo marco de obras de conservación de firmes na rede viaria da Deputación que ascende a máis de 4,4 millóns de euros para o conxunto da provincia

“Seguimos sumando recursos para a mellora das estradas provinciais, vías fundamentais na vertebración do noso territorio, para garantir que os 1.700 km destas infraestruturas estean en condicións axeitadas de seguridade e avanzar, así, na mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”, subliñou o presidente

A Deputación de Pontevedra investirá máis de 873.200 euros en nove estradas provinciais que atravesan Caldas de Reis, Cuntis, A Estrada, Forcarei e Silleda. Este investimento enmárcase no acordo marco de conservación de firmes na rede viaria da Deputación cuxos seis lotes acaban de ser adxudicados e ascenden a máis de 4,4 millóns de euros. “Seguimos sumando recursos para a mellora das estradas provinciais, vías fundamentais na vertebración do noso territorio, para garantir que os 1.700 km destas infraestruturas estean en condicións axeitadas de seguridade e avanzar, así, na mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”, asegurou o presidente provincial Luis López.

En concreto, nas comarcas de Caldas, Deza e Terra de Montes as actuacións abranguen traballos nas estradas EP-6501 Grava-Escuadro, EP-6511 A Bandeira-Piñeiro, EP-6514 Rellas-Escuadro, EP-7001 A Estrada-Forcarei, EP-7017 Callobre- Ponte Ledesma, EP-7201 O Cachafeiro-Silleda, EP-7203 Soutelo de Montes-Covas, EP-8002 Caldas de Reis-San Clemente e EP-8401 Portela-O Souto de Vea, onde se desenvolverán dous tipos de actuacións. Por unha banda, nalgunhas estradas levaranse a cabo traballos de fresado do firme para despois repor a capa de rodadura e, noutras, executarase unha capa de microaglomerado en frío.

As obras a realizar nestas estradas provinciais abranguen tamén escavacións, levantado de firme e/ou beirarrúas, saneos, fresados, recrecidos de pozos de rexistro, e, entre outras moitas actuacións, instalación de tubos. Ademais, en todas as actuacións nas que sexa necesario, procederase á reposición da sinalización horizontal.

Publicacións Relacionadas