HomePontevedraA ParadantaA Deputación leva este xoves a Covelo o circuíto +Escénicas cun espectáculo...

A Deputación leva este xoves a Covelo o circuíto +Escénicas cun espectáculo familiar de música e circo

- Anuncio -spot_img

“Peque Discos Moc Moc and Remember Temazos 1990-2000”, do MeRe Clown, representarase ás 22:00 horas na Praza Mestre Cerviño no marco das súas Festas Patronais e do Churrasco

+Escénicas é o circuíto da institución provincial que leva unha completa programación de teatro e danza aos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra leva este xoves 24 de xullo o circuíto +Escénicas ao concello de Covelo da man do espectáculo para todos os públicos “Peque Discos Moc Moc and Remember Temazos 1990-2000”, a cargo do MeRe Clown. Trátase dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

“Peque Discos Moc Moc and Remember Temazos 1990-2000” representarase na Praza Mestre Cerviño ás 22:00 horas e combina música e circo. O baile e o humor serán os protagonistas nunha cita na que o DJ MeRe Clown fará as delicias, tanto de nenos como maiores, coa mellor música infantil, rock, hip hop ou techno. Todo isto acompañado dun equipo de iluminación disco, máquina de fume, pompas de xabón, malabares con lume e luz, ademais doutras sorpresas.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril de 2025 e marzo de 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas