HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez participa na presentación da 10K Manuel Rosales en Marín

Luisa Sánchez participa na presentación da 10K Manuel Rosales en Marín

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta e deputada delegada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta tarde en Marín na presentación da 10K Manuel Rosales. No acto, Sánchez remarcou o papel desenvolvido por Marín para “involucrar entre a súa veciñanza a tradición atlética” e felicitou o papel do concello no impulso desta proba deportiva que superou o número de inscricións do pasado ano. “Parabéns por facer desta carreira un evento festivo no que seguir escribindo capítulos na historia deportiva de Marín”, subliñou a vicepresidenta quen manifestou o compromiso de “apoiar desde a Deputación esta carreira para que sigamos tendo o privilexio de tela no noso calendario deportivo ano tras ano”.

Publicacións Relacionadas