HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación supervisa o inicio dos traballos de mellora do campo de...

A Deputación supervisa o inicio dos traballos de mellora do campo de fútbol Penedo Redondo, en Salceda de Caselas, onde está a investir preto de 242.000 euros

- Anuncio -spot_img

O deputado provincial Alejandro Lorenzo e a alcaldesa da localidade, Loli Castiñeira, visitaron a actuación que vai ser financiada integramente con recursos da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra supervisou o inicio dos traballos de mellora do campo de fútbol Penedo Redondo, en Salceda de Caselas, onde está a investir preto de 242.000 euros. O deputado provincial, Alejandro Lorenzo, e a alcaldesa da localidade, Loli Castiñeira, visitaron esta actuación que vai ser financiada integramente con recursos da Deputación, a través do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas e do Plan +Provincia.

Cos recursos provinciais, Salceda de Caselas poderá corrixir o mal estado do céspede, substituíndoo por unha manta artificial de última xeración. Deste xeito, para executar os traballos efectuarase unha mellora do terreo, que permitirá unha óptima calidade do terreo de xogo, e farase unha limpeza das canaletas de drenaxe. Ademais, substituiranse as porterías actuais por unhas novas e adaptarase o campo para poder practicar fútbol 11 e fútbol 8. Completarase a actuación cun novo sistema de rego, que será emerxente e con turbina de longo alcance impulsada por engrenaxes.

Alejandro Lorenzo destacou que “desde a Deputación de Pontevedra estamos a impulsar plans e iniciativas que demostran o noso compromiso co municipalismo, como os plans +Provincia e o Extraordinario de Infraestruturas Deportivas”. Ao respecto recordou que con estas iniciativas “estamos dando resposta ás demandas e necesidades dos concellos, para que fagan fronte a proxectos, como a mellora deste campo de fútbol de Penedo Redondo, que melloran a vida das veciñas e veciños e nos permiten, así, construír unha provincia máis avanzada e moderna”.

Publicacións Relacionadas