A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, na súa sesión ordinaria desta semana, aprobou o único punto da orde do día. Trátase dos documentos asociados ao Esquema Nacional de Seguridade (ENS), unha normativa que garante a seguridade da información e os servizos electrónicos.
Os documentos aprobados inclúen as seguintes normativas:
- Xestión da documentación de seguridade.
- Procedemento de identificación e actualización da normativa.
- Normativa xeral e uso de recursos e sistemas de información.
- Normas para o uso do correo electrónico.
- Normas para traballar fóra das instalacións.
- Normas de creación e uso de contrasinais.