HomePontevedraHoxe arranca a II Semana Grande de Soutomaior coa entrega das "Chaves...

Hoxe arranca a II Semana Grande de Soutomaior coa entrega das “Chaves da Festa” a persoa máis maior do concello e á máis nova

- Anuncio -spot_img

Esta tardiña, ás 21:00 h. terá lugar o CHUPINAZO no concello que dará o pistoletazo de saída á II SEMANA GRANDE de Soutomaior. Unha cita onde se farán entrega das “CHAVES DA FESTA” á persoa máis maior do concello e a máis noviña quenes terán que custodiar ditas chaves ata o vindeiro ano.

Esta tarde dará comezo a II SEMANA GRANDE de Soutomaior, unha festas que contarán cun programa de “primeiro nivel dende hoxe ata o xoves 7 de agosto”.

Nesta xornada darase o pistoletazo de saída co CHUPINAZO ás 21:00 h. na casa do concello. Un acto onde a xente se poderá engalanar cun sombreiro de palla e una pañoleta para celebrar estas Festas. Un evento onde se lle fará entrega da “Chaves da festa” á persoa máis maior e á máis nova. Unhas chaves en prata deseñadas e realizadas pola Joyería do Concello Ramón Joyero. Neste ano, será  Consuelo Corral Grandes, de 102 anos á que lle fará entrega da chave a María Barbosa, de 100 anos (Consuelo segue sendo a muller máis maior do concello pero o obxectivo é que cada ano custodie a chave unha persoa diferente, entón este ano a seguinte persoa máis vella é María Barbosa), e a máis pequena para Sabela González que ten pouco máis de dúas semaniñas de vida. A Sabela faralle entrega das súas chaves Vera Ferreira que xa ten un aniño. María e Sabela serán as encargadas de custodiar durante un ano estas chaves para pasarlle este legado a máis nova e a máis maior na vindeira edición destas Festas.

Trala entrega das chaves chegará a festa co espectáculo da Mekánica Rolling Band que arrancarán do concello ás 21:15 h. cun pasarrúas que os levará ata a contorna da Igrexa do Divino Salvador alí, a Mekánica rematará o seu directo para darlle paso ás 23:00h. a música e divertimento a cargo do directo de “Demasiadas sombras y pocas luces”.

Un ano máis, a II Semana Grande de Soutomaior contará con dous torreiros e dous espazos para a súa celebración, un que será o Torreiro da Festa do dez en Candán e o outro, onde na contorna da Igrexa do Divino Salvador. Sinalar tamén que en ambos espazos estará presente o programa “Soutomaior Inclusivo” con cascos anti-ruído que poderán ser solicitados aos membros de Protección Civil e emerxencias.

Para todas as citas na Festa do Dez en Candán haberá servizo de autobús lanzadeira, de balde, que irá desde o Pavillón da Montesiña ‘Alfonso Pazos’ ata o Torreiro da Festa en horario de 21:30h a 23:30 horas e de 00.00 a 03.00 h.  O percorrido do bus será continuo de ida e volta nos horarios indicados.

O alcalde, Manu Lourenzo, agradeceu nesta xornada a implicación dos servizos técnicos do concello así como do resto do equipo do Goberno Local e  dixo que “non podo estar máis ilusionado, un ano máis, con esta festa que ten valor en termos festivos pero ten moito valor en termos económicos e Soutomaior vai a ter e contar, por segundo ano consecutivo, cunhas festas de primeiro nivel”.

Dende o concello tamén quixeron hoxe trasladar a información que lles fixo chegar a Parroquia do Divino Salvador sobre os horarios dos actos relixiosos que se celebrarán nos días da Semana Grande de Soutomaior. O alcalde, Manu Lourenzo, quixo agradecer un ano máis “aos membros da Parroquia en especial a Gabriel a súa implicación e traballo nesta II Semana Grande de Soutomaior”.

Así de tal xeito as datas e horarios que trasladan dende a parroquia sobre os actos relixiosos son o Día da Peneda: o 5 de agosto, na  Ermida da Virxe da Peneda misa ás 10:00h, 11:00h., 12:00h e ás 20:30h.  misa polo Patrón  na Igrexa do Divino Salvador; o 6 de agosto Día do Patrón  misa ás 12:00 h. e ás 20:00h. Tralo remate da misa  das 20:00 h. terá lugar a procesión; o día 7 de agosto, San Caetán, a misa será ás 9:00h. na Igrexa do Divino Salvador con saída en procesión ata o Castelo de Soutomaior. Na Ermida de San Caetano misa ás 10:30 h. e ás 12:00 h.

Programación

O sábado 2 de agosto no Torreiro da Festa do Dez en Candán estará a América de Vigo e Dicomóbil Elation.

O domingo 3 de agosto a música, o comercio e a gastronomía serán as grandes protagonistas da xornada. Co Mercado da Asociación de Empresarios/as de Soutomaior, a sesión vermú a cargo de Aires da Castrelada, o showcooking a cargo de cociñeiros e cociñeiras de Soutomaior e coa celebración dun gran xantar popular para o que é necesario a inscrición previa. Xa pola tarde chegará a actuación do Trío Azabache ás 17:00h e pola noite un dos pratos fortes destas festas coa actuación da Panorama a partir das 23:00h na Festa do Dez e de Discomóbil “CDC”.

O martes 5 chegarán outro dos pratos fortes coa actuación do Combo Dominicano ás 00:10h.  no Torreiro da Feira do Dez en Candán, ás 23:55 h. terá lugar o espectáculo Pirotécnico de luces. Será este, sen dúbida, un dos días grandes da festa.

O martes haberá sesión vermú na contorna da Igrexa de San Salvador, concerto da banda Artística de Arcade ás 20:30 h, tala procesión, e verbena co directo da orquestra Gran Parada no Torreiro do dez en Candán.

Xa na xornada do xoves 7 se despiden estas festas coa Romaría de San Caetán e cunha sesión vermú na Ermida de San Caetán no Castelo de Soutomaior a cargo de “Catro Ventos”.

Publicacións Relacionadas