O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de asistir en Cambados á lectura do pregón a cargo do mítico peñista Domin e de participar no acto inaugural da LXXIII Festa do Albariño, un dos grandes “símbolos da provincia de Pontevedra”. O presidente destacou que esta festa, a vitivinícola máis antiga de Galicia, a segunda de España e a primeira festa enogastronómica da provincia en ser declarada de Interese Turístico Internacional, trátase dunha das celebracións máis consolidadas do calendario estival galego, con capacidade para atraer cada ano a milleiros de persoas.