HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda pide colaboración para a boa xestión dos residuos

A Guarda pide colaboración para a boa xestión dos residuos

- Anuncio -spot_img
  • A correcta reciclaxe é clave para lograr unha boa xestión dos residuos

Desde o Concello da Guarda queremos lembrar a colaboración de todos e todas para a xestión de residuos urbanos.

  • O lixo debe depositarse sempre nos contedores correspondentes e nunca fóra deles
  • As bolsas estean ben pechadas e non pinguen líquidos
  • O cartón debe ir en anacos nos contedores de papel e cartón para aproveitar o seu espazo
  • Respectar os horarios para o depósito de residuos: desde as 21:00h de abril a setembro, e desde as 19:00h de outubro a mazo. Ademais o vidro só poderá ser depositado de 8:00 a 22:00h.

Con estas medidas evítanse, na medida do posible, cheiros e dispersión do lixo por culpa do vento ou animais. Deste xeito, A Guarda mantense limpa e hixiénica, tanto para os veciños como para os numerosos visitantes que recibimos, especialmente na tempada estival.

Lembrámos que o incumprimento destas normas poderá dar lugar á imposición de sancións económicas, segundo o recollido no regulamento de limpeza pública e recollida de lixo municipal que se pode consultar na web do concello.

A colaboración de todos e todas é imprescindible para garantir unha imaxe coidada do noso concello. Contamos co seu compromiso e responsabilidade para manter A Guarda limpa e agradable para todos.

Publicacións Relacionadas