Axentes da Policía Local de Ourense denunciaron esta madrugada dous mozos por realizar pintadas no baixo dun inmoble, no número 6 da Avenida do Regato. Tras recibir un aviso por parte da veciñanza da zona, axentes da Policía Local achegáronse ás 1.05 horas ao inmoble, onde sorprenderon dous mozos de 17 anos que estaban a realizar pintadas no baixo. Os axentes incautáronlles 19 botes de pintura que levaban e denunciáronos pola infracción cometida.