HomeVigoNigránDerradeira semana para apuntarse na XIV Carreira pola Praia "Nigrán Area" do...

Derradeira semana para apuntarse na XIV Carreira pola Praia “Nigrán Area” do 23 de agostoorganizada polo concello de Nigrán

- Anuncio -spot_img

Os interesados deben inscribirse en www.carreirasgalegas.com antes do 20 de agosto ás 23:59 horas

O Concello de Nigrán organiza o sábado 23 de agosto unha das súas cita deportivas máis emblemáticas do verán: a XIV edición da ‘Nigrán Area’, carreira popular de atletismo pola praia de Panxón e Praia América. O prazo de inscrición está aberto en www.carreirasgalegas.com e finaliza o 20 de agosto ás 23:59 horas. O evento foi presentado esta mañá polo alcalde e concelleiros coa presenza de atletas de diferentes clubes.

“Trátase dunha carreira única pola contorna natural do litoral nigranés aproveitando a marea baixa, e que pretende fomentar o deporte, o respecto polo medio e a convivencia veciñal”, explica Juan González, alcalde do Concello de Nigrán, administración que asume a totalidade da organización. Este evento convoca a persoas corredoras de todas as idades, reunindo a máis de 3.000 persoas entre atletas, acompañantes e público.

A cita deportiva arranca ás 11:00 horas na categoría absoluta (5 km) e está aberto a tódalas categorías, tendo saída desde Panxón. Os sub 16 percorrerán 2 km, o sub 14 farán 1500 m, os sub 12 un km, os sub 10 percorrerán 500 metros, os sub 8 farán 300 metros e os máis pequenos farán 100 metros. A proba conta coa supervisión da Federación Galega de Atletismo.

Os dorsais serán entregados polo Concello o día anterior á proba no Pavillón Municipal de Panxón, situado na Avda de Gondomar, 2, en horario de 16:30 a 20:30 horas, e o mesmo día na propia praia de Panxón, a partir das 09:00 horas da mañá e ata 30 min antes.

Publicacións Relacionadas