HomeXunta de GaliciaRueda subliña o compromiso da Xunta por situar galicia á vangarda dos...

Rueda subliña o compromiso da Xunta por situar galicia á vangarda dos tratamentos oncolóxicos

- Anuncio -spot_img
  • Lembra que a loita contra o cancro é unha das prioridades do Goberno galego, que investiu arredor de 120 M€ en alta tecnoloxía para combater a enfermidade
  • Desde o ano 2018 a Xunta triplicou a colaboración coa AECC, co obxectivo de financiar programas de apoio ás persoas afectadas polo cancro e os seus coidadores

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou hoxe o compromiso da Administración autonómica por situar Galicia á vangarda dos tratamentos oncolóxicos. Así o sinalou durante a súa participación na décima edición da gala solidaria en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organizada polo Grupo Hotusa na Toxa (O Grove).

Na súa intervención, o presidente agradeceu e recoñeceu o traballo que desenvolve a AECC, que conta con máis de 1.200 profesionais, case 36.000 voluntarios e máis de 700.000 socios. Desde o ano 2018 a Xunta triplicou a colaboración coa asociación, co obxectivo de financiar programas de apoio ás persoas afectadas polo cancro e aos seus coidadores.

O presidente lembrou que a loita contra o cancro é unha das prioridades do Goberno galego e, entre outros fitos, destacou a construción do Centro de Protonterapia, unha revolución no tratamento contra o cancro que empezará a tratar pacientes o ano que vén.

Nos últimos anos o investimento en equipamento de alta tecnoloxía para combater a enfermidade nos hospitais galegos chega a arredor de 120 M€. Por outra banda, a sanidade pública galega conta xa con nove vías rápidas para axilizar a diagnose e a valoración, é pioneira na introdución e extensión de cribados poboacionais e conta cun programa de detección precoz do cancro colorrectal, de mama e de cérvix. Ademais, o Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia ten en marcha cinco proxectos para deseñar novas terapias contra tumores gástricos e de páncreas.

Publicacións Relacionadas