HomeO MorrazoMarínA Xunta anuncia unha nova reforma na Escola Infantil Casa do Mar...

A Xunta anuncia unha nova reforma na Escola Infantil Casa do Mar en Marín, cun investimento que ascende a 80.000 €

- Anuncio -spot_img

Fabiola García avanzou que as obras permitiran mellorar o illamento térmico deste centro a través da renovación dos elementos exteriores

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá a escola infantil pública autonómica Casa do Mar situada en Marín, para anunciar unha nova reforma para mellorar o confort do alumnado e do persoal. Nestes dous últimos anos, a Xunta destinou 80.000 euros a diferentes obras neste centro.

Na visita, na que tamén participou a alcaldesa de Marín, María Ramallo, a conselleira avanzou que as obras que se desenvolverán proximamente contan cun investimento de 40.000 euros da Xunta para cambiar os elementos exteriores do centro. O obxectivo desta reforma é mellorar o illamento térmico e acústico da escola e garantir a confortabilidade do alumnado e do persoal.

A escola Casa do Mar conta con 55 prazas de atención á primeira infancia totalmente gratuítas, grazas á medida impulsada pola Xunta para financiar a gratuidade da etapa 0-3 anos. Unha medida que, segundo lembrou a conselleira, beneficia a 32.000 familias e permite que Galicia sexa líder en escolarización nesta etapa educativa, situándose 15 puntos por enriba da media estatal.

Publicacións Relacionadas