HomePontevedraBaixo MiñoA Deputación leva este martes ao Rosal o circuíto +Escénicas con dous...

A Deputación leva este martes ao Rosal o circuíto +Escénicas con dous espectáculos de danza

- Anuncio -spot_img

“Miñaxoia”, de Clara Ferrao, e “Mesura”, de  Raquel Ferradás, representaranse na Escola de Novás ás 21:00 e 21:15, respectivamente

+Escénicas é o circuíto da institución provincial que leva unha completa programación de teatro e danza aos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra leva este martes 12 de agosto o circuíto +Escénicas ao concello do Rosal da man dos espectáculos de danza “Miñaxoia”, de Clara Ferrao, e “Mesura”, de Raquel Ferradás. Trátase de dúas actuacións enmarcadas na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

“Miñaxoia” representarase na Escola de Novás ás 21:00 horas e xira en torno a como a casualidade organizada abre un espazo en branco no que o corpo se dilúe, atopa unha nova vibración e se transforma, aínda que ás veces só pareza estar o movemento inesgotable e a fatiga. A continuación, ás 21:15 horas e nesta mesma localización, terá lugar o espectáculo “Mesura”, un baile á espera nos diferentes momentos da vida. O mar terá un papel protagonista nos movementos da intérprete, simbolizando tanto cando está en calma como cando as ondas irrompen sen aviso.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril de 2025 e marzo de 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas