O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este xoves aos actos de inauguración das obras de restauración da basílica de Santa María a Maior de Pontevedra acometidas pola Xunta de Galicia cun investimento superior aos 55.000 euros. As obras centráronse en reparar as patoloxías producidas polo paso do tempo na cuberta da ábsida e nas fachadas, resolvendo tamén os sistemas de evacuación e mellorando a seguridade do paso das escaleiras de acceso ás cubertas. Así mesmo, a fachada occidental de Cornelius de Holanda dotouse dun sistema de protección que minimice a presenza de aves que poidan afectar a súa conservación.