HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación pon en valor as súas actuacións para o fomento da...

A Deputación pon en valor as súas actuacións para o fomento da mobilidade sostible e o uso de enerxías limpas

- Anuncio -spot_img

O deputado provincial Javier Tourís recibiu no Parque de Maquinaria o director de Inega, Pablo Fernández Vila, na súa visita aos puntos de recarga de vehículos instalados con achegas do programa MOVES III

O deputado provincial Javier Tourís recibiu este luns no Parque de Maquinaria (situado no Polígono de Barro) o director do Instituto Enerxético de Galicia, Pablo Fernández Vila, na súa visita aos puntos de recarga de vehículos eléctricos situados neste edificio provincial. A Deputación de Pontevedra recibiu unha achega de 109.000 euros no marco do programa MOVES III, financiado cos fondos europeos Next Generation, que permitiron financiar a dotación de tres puntos de recarga dobres de 44 kW e outros dous simples de 50 kW.

Javier Tourís sinalou que a través desta actuación a Deputación pretende “fomentar a mobilidade sostible, co obxectivo de diminuír o emprego de enerxías fósiles a favor dun sistema enerxético que empregue enerxías limpas”, co que se consegue “reducir drasticamente o número de emisións de dióxido de carbono á atmosfera”.

O deputado provincial tamén lembrou que esta actuación no Parque de Maquinaria se enmarca nunha achega maior, cun investimento próximo aos 300.000 euros, polo que tamén se instalaron puntos de recarga de vehículos eléctricos no Museo de Pontevedra, os viveiros de empresas de Barro e Lalín, a Finca Mouriscade, o Castelo de Soutomaior, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro e o Centro Príncipe Felipe. No caso do Parque de Maquinaria e o viveiro de Barro, a Deputación achega o 20% e o 80% restante está financiado cos fondos europeos Next Generation. As porcentaxes para o resto de dotacións varían ata o 30% de fondos propios da Deputación e o 70% de fondos europeos.

Publicacións Relacionadas