HomePontevedraO Concello urxe á Xunta de Galicia que confirme o orzamento para...

O Concello urxe á Xunta de Galicia que confirme o orzamento para a Escola Infantil de Chapela

- Anuncio -spot_img


A parroquia de Chapela, que conta cuns 10.000 habitantes, segue á espera da prometida Escola Infantil de 0 a 3 anos. A Xunta de Galicia anunciou en 2019 a construción da gardería pública na parroquia, pero desde entón “non existe ningún compromiso firme por parte da consellería de Política Social para poñer en marcha o proxecto”, afirma a alcaldesa Digna Rivas.

A rexedora mantivo a comezos de 2021 unha reunión telemática co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar na que Rivas lle trasladou a decisión firme de facilitar a construción desta unidade educativa na finca da Ginaria, en Chapela. O Concello comprometeuse mesmo a redactar o proxecto “sempre e cando exista un convenio asinado no que a Xunta se comprometa a achegar o orzamento necesario para construír o centro infantil”. Ata a data de hoxe a Xunta de Galicia non reservou orzamento algún para a construción da Escola Infantil de Chapela. Desde o goberno local explican que se trata dunha situación similar á da renovación da Avenida Mendiño “onde que tivemos que agardar seis anos pola Xunta para asinar o convenio” sinala Rivas.

A alcaldesa solicitou desde o comezo do actual mandato en reiteradas ocasións unha entrevista coa conselleira responsable da área, Fabiola García, pero polo de agora non obtivo resposta.

Rivas insiste en que a escola infantil de Chapela “é unha necesidade urxente para as familias da parroquia” e lembra que os deberes por parte do Concello “están feitos”. Así o avalan os informes técnicos do Concello de Redondela, logo de que en marzo do 2021 se aprobase cambiar o uso dos terreos a fin de permitir a instalación da Escola Infantil.a A alcaldesa insiste unha vez máis que o solar “está a disposición da Xunta de Galicia desde hai máis de catro anos, pero en todo este tempo a consellería de Política Social non reservou cartos para construír a Escola Infantil”.

Publicacións Relacionadas