HomeVigoNigránO concello de Nigrán celebra o domingo 24 de agosto o "Flota...

O concello de Nigrán celebra o domingo 24 de agosto o “Flota como poidas” con saída desde a zona do escenario do Esteiro de A Foz

- Anuncio -spot_img

Os interesados en participar poden inscribirse ata o venres 22 de agosto ás 12:00 horas nun formulario web en www.nigran.es

Entre tódolos os concursantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e agasallos sorpresa

O Concello de Nigrán celebra este domingo 24 de agosto a xa tradicional concentración de “artefactos flotantes” chamada ‘Flota Como Poidas’ que, como novidade, sairá desde a zona do escenario ao aire libre do esteiro de A Foz ás 17:30 horas. Os interesados en participar teñen ata o venres 22 de agosto ás 12:00 horas para inscribirse a través dun formulario web en www.nigran.es. A recollida de dorsais será no punto de saída o mesmo día de 16.00 a 17.00 horas. Entre tódolos concursantes sortearase un kayak e os premiados levarán cadansúa cesta de froitas e o seu diploma e agasallo sorpresa.

O Concello recorda que é obrigatorio o uso de chaleco salvavidas, correndo a cargo de cada participante. Coma sempre,premiarase o artefacto flotante máis ‘currado’ e máis cutre, a tripulación máis simpática, a familia máis intrépida e participativa, o tripulante máis vello e máis novo e o clásico galardón “Titanic” para o primeiro que afunda.

Publicacións Relacionadas