HomeXunta de GaliciaOs Servizos de Urxencias da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés prestaron 5.148...

Os Servizos de Urxencias da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés prestaron 5.148 asistencias durante a pasada ponte festiva de agosto

- Anuncio -spot_img
  • Atendéronse durante os pasados xoves 14, venres 15, sábado 16 e onte domingo 17 de agosto un total de 1.177 urxencias no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 591 no Hospital Público do Salnés
  • O PAC de A Parda en Pontevedra atendeu a 669 pacientes as xornadas coincidentes coa ponte festiva e as celebracións patronais da Virxe Peregrina
  • Durante a Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa, asumíronse no Punto de Atención Continuada desta localidade un total de 667 urxencias
  • O PAC do centro de saúde de Baltar en Sanxenxo atendeu 515 asistencias, o PAC de Bueu asumiu 184 urxencias, o PAC de Caldas de Reis 293, Marín atendeu 280, O Grove 292, o PAC de Cambados 412 e o PAC de Terra de Montes 68 asistencias

Cun total de 5.148 asistencias atendidas nos seus servizos de urxencias hospitalarios e extrahospitalarios, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés refrendou esta pasada ponte festiva de agosto a súa prestación de atención continuada, especialmente durante os eventos festivos masivos programados estas datas en distintas localidades do seu ámbito territorial.

Deste xeito, durante estas pasadas datas da ponte de agosto de 2025, os nove Puntos de Atención Continuada da área de saúde prestaron un total de 3.380 asistencias. Dese global de actividade de urxencias extrahospitalarias, no PAC de A Parda en Pontevedra atendéronse a 669 pacientes as xornadas coincidentes coa ponte festiva e as celebracións patronais da Virxe Peregrina.

Así mesmo, durante os festexos da Festa da Auga de Vilagarcía de Arousa, a Área Sanitaria asumiu no Punto de Atención Continuada desta localidade entre o pasado xoves 14 e onte domingo 17 de agosto un total de 667 urxencias, en O Grove 292 e no PAC de Cambados 412 asistencias urxentes.

Nas urxencias extrahospitalarias do centro de saúde de Baltar en Sanxenxo asumíronse nesta pasada ponte festiva de agosto 515 asistencias; o PAC de Bueu atendeu 184 urxencias, o PAC de Caldas de Reis 293, Marín atendeu 280 e o PAC de Terra de Montes 68 asistencias.

1.768 urxencias hospitalarias

No que atinxe ás urxencias hospitalarias, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés atendeu durante os pasados xoves 14, venres 15, sábado 16 e onte domingo 17 de agosto un total de 1.768 urxencias -1.177 urxencias no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 591 no Hospital Público do Salnés en Vilagarcía de Arousa-.

Publicacións Relacionadas