HomeBaixo MiñoA GuardaUn mercado de segunda man e artesanía estréase no Monte Santa Trega

Un mercado de segunda man e artesanía estréase no Monte Santa Trega

- Anuncio -spot_img
  • O Mercado Reviravolta ofrece este sábado comercio sostible, obradoiros e actuacións durante todo o día

Este sábado estréase en Chans Novo (Monte Santa Trega), o Mercado Reviravolta, que promete ser un punto de encontro cultural e comunitario.

Durante toda a xornada, máis de 50 postos ofrecerán produtos de segunda man, téxtil, cerámica, artesanía…Pero non só se limita ao comercial, se non que tamén haberá un programa de actividades variados.

O Reviravolta permitirá coñecer o seu entorno cunhas visitas para descubrir os atallos do Trega e para visitar o poboado castrexo.  Ademais ofreceranse obradoiros de cianotipia, xabóns, pulseiras, acuarelas, aneis…

E tampouco faltarán as actuacións, coa Treboada dos Xidos, a cantautora Palito, o recital poético de Francisco Koki e o rock & blues de Antonio Tato. Durante todo o día, Rhtythmandbeer ambientará este evento que rematará cunha foliada popular na que todos están invitados a participar.

O Mercado contará tamén con cantina e espacio gastronómico con produtos locais, fomentando o consumo de proximidade e sostibilidade.

“Trátase dun evento onde todo xira arredor da sostibilidade e da economía circular, pero tamén é un evento completo con postos, obradoiros, actuacións, visitas…” declara o alcalde da Guarda, Roberto Carrero.

O Mercado Reviravolta: o Feirón do Trega dará comezo este sábado 23 de agosto ás 10:00h e ten como hora de fin ás 21:30h no campo de Chans Novo.

Publicacións Relacionadas