HomePontevedraO CondadoAberto o prazo para solicitar o servizo municipal da aula matinal do...

Aberto o prazo para solicitar o servizo municipal da aula matinal do concello de Ponteareas

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ponteareas informa que está aberto o prazo para solicitar o servizo público municipal de aula matinal. As familias interesadas deberán cumprimentar o formulario da inscrición na seguinte ligazón https://portal.ponteareas.gal/ capturando o código QR ou clikando na imaxe da aula matinal.

Por segundo ano consecutivo a concellería de Ensino ofrecerá este servizo de conciliación familiar e laboral de grande importancia tanto para os estudantes como para as súas familias do que no pasado curso escolar se beneficiaron 173 alumnos/as.

“Para moitas familias, especialmente aquelas en as que ambos os pais traballan, a aula matinal é un servizo esencial. Ofrece un espazo seguro e controlado para que os nenos estean coidados antes de que comece o horario escolar oficial e que as nais e pais poidan cumprir cos seus horarios laborais sen ter que preocuparse pola chegada tardía dos seus fillos”, explica Ricardo González.

A aula matinal do Concello de Ponteareas é subvencionada e permite levar aos fillos e fillas aos centros educativos antes do inicio do horario lectivo, respecto a cifras de anos anteriores a aula matinal custa un 50% menos para que todas as familias poidan acceder ao servizo e o prezo non sexa un impedimento nin unha carga máis. “Por só 15 € ao mes, o teu fillo conta co servizo de aula matinal durante un mes. Un recurso práctico e económico que favorece a conciliación familiar e laboral. Ofrece un espazo seguro e supervisado antes do inicio das clases. Aporta tranquilidade ás familias e benestar aos nenos”.

As familias que a necesiten poderán dispoñer de atención educativa desde as 7.30 horas ata as 9.30 horas nos centros educativos da vila, e no caso do CEIP Feliciano Barreira, tamén desde as 13.45 ata as 15 horas. O alumnado que se beneficie deste servizo realizará diversas actividades adecuadas ao seu nivel formativo baixo a supervisión de profesionais cualificados.

A aula matinal fomenta unha rutina diaria máis estable e permite o desenvolvemento de habilidades sociais e a realización de actividades complementarias.

Publicacións Relacionadas