HomePontevedraSoutomaior aproba 30 axudas para familias para a compra de material escolar...

Soutomaior aproba 30 axudas para familias para a compra de material escolar e executa o 50% do convenio coa Banda de Música

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local aprobou nesta xornada as axudas de material escolar a 30 familias do concello de Soutomaior e tamén ratificou a execución do 50% do convenio  coa Banda de Música Artística de Arcade, un convenio que ascende a 40 mil euros.

O Concello de Soutomaior aprobou hoxe en Xunta de Goberno as axudas municipais para a obtención de material escolar de cara ao vindeiro curso. Foron un total de 30 as axudas que se concederon ás familias por un importe de máis de 2000 euros.  Como principal novidade, o Goberno de Soutomaior volveu incrementar a contía destinada ao alumnado do 1º ciclo de Educación Infantil, pasando de 30 a 50 euros por alumna/o. As etapas do segundo ciclo de Educación Infantil, Primaria, secundaria e bacharelato o importe ascende a 70 euros por alumna/o.

Coa aprobación destas axudas o Goberno Local de Soutomaior busca facilitar o acceso á educación, contribuír a aliviar a carga económica das familias, especialmente, a aquelas que teñen menos recursos. Estas axudas axudan a asegurar que todas as nenas e nenos teñan acceso aos materiais necesarios para a súa educación, fomentando a igualdade de oportunidades e permitindo que todos os estudantes poidan comezar o ano escolar cos recursos adecuados.

Ademais, a Xunta de Goberno Local, tamén ratificou a execución do 50% do convenio coa Banda de Música Artística de Arcade. Un convenio anual, que ascende a 40 mil euros, e reforza o compromiso do concello coa cultura, garantindo e apostando por esta importante agrupación musical. Estas iniciativas, axudas do material escolar e á  Banda,  reflexan o interese e aposta  do concello pola educación e a cultura en beneficio da veciñanza.

Publicacións Relacionadas