HomeVigoNigránO concello de Nigrán outorga licencia de construción a Emenasa no parque...

O concello de Nigrán outorga licencia de construción a Emenasa no parque empresarial Porto do Molle

- Anuncio -spot_img

A empresa especializada en maquinaria eléctrica naval prevé investir 10 millóns de euros na nova sede, xerando con elo 70 empregos directos e 200 indirectos

Ocupará o espazo do vello matadoiro comarcal ‘Macomusa’, derruído xa tras cesar a súa actividade no ano 2020

O Concello de Nigrán outorgou a semana pasada á licencia de construción para a nova planta de EMENASA no parque empresarial Porto do Molle. A empresa especializada en electromecánica naval ocupará preto de 6.000 m2 da superficie onde se atopaba o vello matadeiro comarcal Macomusa, derruído tras cesar a súa actividade no ano 2020. O grupo empresarial con sede en Jacinto Benavente (Vigo) trasladará aquí a súa pranta de fabricación e reparación de motores, alternadores e xeradores eléctricos cun investimento de de 10 millóns de euros e, con elo, dando cabida a 70 empregos directos e 200 indirectos.

“É a mellor noticia posible para Porto do Molle e, en consecuencia, para a veciñanza: unha nova empresa traerá emprego e riqueza a Nigrán”, valora o rexedor, Juan González, quen engade que Zona Franca adquiriu os no ano 2020 os 12.833 mterreos de Macomusa (non se chegou a un acordo no momento da construción do parque) e os incorporou ao seu catálogo para dar cabida a novas empresas, sendo finalmente mercado por Emenasa. “Macomusa era un parche feo no medio dun parque empresarial que precísamente representa todo o contrario: modernidade, sostibilidade e eficiencia”, considera González.

Electromecánica Naval e Industrial, S.A., EMENASA, é unha empresa eléctrica de longa tradición e experiencia na instalación e reparación naval. Na actualidade, lidera un sólido grupo empresarial formado por doce empresas, capaces de ofrecer ao mercado mariño global solucións que inclúen ademais de electricidade, automatización, mecánica e hidráulica.

Publicacións Relacionadas