HomeVigoO PorriñoO concello do Porriño informa das axudas para a obtención dos permisos...

O concello do Porriño informa das axudas para a obtención dos permisos de conducir de motocicletas e turismos

- Anuncio -spot_img

 A mocidade de entre 18 e 30 anos pode dirixirse á OMIX para recibir orientación e asistencia no proceso de solicitude

O Concello do Porriño informa ás persoas mozas do municipio da convocatoria de axudas da Xunta de Galicia para a obtención dos permisos de conducir das clases A2 e B.

Os importes establecidos son de 150 euros para o carné de motocicletas e 400 euros para o carné de turismos.

Ter entre 18 e 30 anos, estar empadroadas en Galicia cunha antigüidade mínima dun ano, non estar traballando, ter aprobado o permiso de conducir para o cal se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de outubro de 2024 e a data de presentación da solicitude e que a suma dos ingresos anuais dos membros da unidade familiar sexa igual ou inferior a cinco veces o IPREM de 2025 son os requisitos que teñen que cumprir as persoas interesadas en obter esta axuda.

O prazo de solicitude abrirase o vindeiro luns 25 de agosto ás 09.00 horas e rematará o 25 de setembro ás 20.00 horas, salvo que se esgote o crédito con anterioridade.

A presentación das solicitudes farase exclusivamente por medios electrónicos, a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde o Concello do Porriño animan á mocidade do municipio a aproveitar esta oportunidade e lembran que poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) para recibir orientación ou axuda no proceso de solicitude, para elo poden chamar ao número de teléfono 986 33 76 24 ou escribir un correo electrónico ao enderezo omix@oporrino.org.

Publicacións Relacionadas