HomePontevedraCaldasO alcalde de Portas solicita unha ampliación do prazo de alegacións ao...

O alcalde de Portas solicita unha ampliación do prazo de alegacións ao estudio informativo da variante de Caldas pola necesidade de preservar os intereses da veciñanza ante os efectos lesivos das propostas

- Anuncio -spot_img

Ante o mes practicamente inhábil que resulta o mes de agosto, Ricardo Martínez, solicita ao Goberno que sexa sensible con esta circunstancia para facilitar que a veciñanza defenda os seus dereitos

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, solicitoulle á Dirección Xeral de Carreteras, do Ministerio de Transports e Mobilidade Sostible do Goberno de España que amplíe o prazo de presentación de alegacións ao estudio informativo da “Carretera N-640. Variante Oeste de Caldas de Reis y acceso al puerto de Vilagarcía de Arousa” (EI2-PO-0029)” que remata o vindeiro 1 de setembro.

Ricardo Martínez argumenta que o mes de agosto é practicamente inhábil desde o punto de vista das empresas especializadas ás que se pode recurrir para preparar en condicións técnicas unhas alegacións a este estudio que pretende, en 3 das súas 4 propostas, que a Variante de Caldas de Reis discurra polo termo municipal de Portas cos prexuizos e problemas que iso pode ocasionar á veciñanza deste concello.

“Se o Ministerio pretende que se teñan en conta os dereitos da veciñanza de Portas afectada por esta proposta de Variante deberían facilitar ao máximo que os veciños, as empresas e o propio Concello poidan presentar dun xeito sosegado, con tempo e con garantías de transparencia e eficacia técnica nas argumentacións das posibles alegacións que se presenten. Polo tanto, fai falta tempo e todo o mundo sabe que agosto é un mes moi malo para iso. As empresas asesoras e técnicas non están operativas e moitos veciños incluso se atopan fóra, de vacacións”, indicou Martínez.

“Solicitamos máis tempo porque o estudio que se propón é extremadamente sensible aos nosos intereses e en moitos casos resulta moi prexudicial para o futuro desenrolo do noso municipio polo que hai que ser moi coidadosos e debemos facilitar que todos os puntos de vista se poidan manifestar, estudiar e presentar en condicións polo que unha ampliación do prazo sería unha medida xusta e necesaria”, afirmou o alcalde de Portas.

ESFORZO INTENSO PARA INFORMAR Á VECIÑANZA

Pola súa banda, o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, lembrou que desde o Concello se promoveu a celebración de xuntanzas informativas cos veciños e mesmo se enviou unha carta a todos os veciños e veciñas do municipio para que puideran ser coñecedores das intencións do Ministerio de Transportes e Mobilidade facilitando incluso modelos básicos de alegacións para que aqueles veciños que se consideraran afectados por este estudio puideran presentalas no Rexistro do Concello o na sede electrónica do Ministerio, dirixidas á Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia.

“Aínda así, somos conscientes de que esa información está sendo analizada agora pola veciñanza e precisa dun tempo necesario para asesorarse e presentar as alegacións que estime oportunas porque vense afectados moitos intereses veciñais particulares, empresariais e incluso de futuro para o noso concello polo que o xusto sería que se ampliara o prazo xa que o 1 de setembro está á volta da esquina e non hai tempo material para acompañar esas alegacións do soporte técnico necesario para mellorar a súa argumentación”, concluiu Ricardo Martínez.

Publicacións Relacionadas