HomePontevedraSalceda pon a punto os seus colexios durante as vacacións

Salceda pon a punto os seus colexios durante as vacacións

- Anuncio -spot_img

O Concello asume as obras de mantemento dentro das súas obrigas, pero diferentes moitas obras de investimentos.

          O Concello de Salceda de Caselas aproveita as vacacións estivais para poñer a punto os diferentes centros escolares de cara ao inicio de curso do vindeiro 8 de setembro. A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, quixo visitar ao persoal municipal que está a realizar algunhas destas melloras, para agradecerlles persoalmente o seu traballo, lembrando que “a infancia é un dos nosos tesouros, e non imos escatimar esforzos en ofrecerlles unhas mellores instalacións. Apostamos polo ensino público, polo que seguiremos a realizar os diferentes investimentos para os que teñamos posibilidades”.

Este ano as obras centráronse fundamentalmente no ximnasio do CEP Altamira, no cal se procedeu a cambiar as tubaxes de fontanería, arranxo dos sensores de iluminación, pintado tanto no interior como no exterior do edificio e cambio do pavimento interior, que pasa a ser de tarima flotante para unha maior comodidade tanto do alumnado como do profesorado.

          Estas obras foron realizadas fundamentalmente por persoal propio do Concello, aínda que tamén con participación de empresas locais. A Concelleira de Ensino, Selene González, quixo agradecer a implicación de todos eles, así como do equipo directivo do centro, exemplo dun bo traballo de coordinación entre tódalas partes.

          Ademais das melloras no ximnasio, tamén o edificio principal do CEP recibiu diferentes melloras, como o pintado de diversas aulas ou a limpeza exterior da fachada do edificio.

          Por outra banda, no CRA Raíña Aragonta que acolle a rapazada de 3 a 6 anos, realizáronse obras de canalización de pluviais, pintado de diferentes aulas, ampliación da zona de aparcadoiro no edificio central, e colocación de vinilos anticalóricos neste mesmo edificio que contribúen a arranxar o problema das altas temperaturas que se acadan e que xa ten sido trasladado en diferentes ocasións á Xunta de Galicia sen que a día de hoxe se solucionase.

Publicacións Relacionadas