HomeVigoO PorriñoDoce mozos de toda España despídense do Porriño tras unha estadía de...

Doce mozos de toda España despídense do Porriño tras unha estadía de voluntariado ambiental

- Anuncio -spot_img

O alcalde Alejandro Lorenzo e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses clausuran o Campod e Voluntariado Internacional Sendeiros do Louro

O Concello do Porriño puxo hoxe o broche final ao Campo de Voluntariado Internacional Sendeiros do Louro, unha iniciativa que durante doce días reuniu na vila a mozos de distintas comunidades autónomas para traballar na conservación do río Louro e coñecer o patrimonio natural da zona.

O acto de clausura contou coa presenza do alcalde Alejandro Lorenzo; a directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara Meneses e o concelleiro de Xuventude, Antonio Barros, que agradeceron o compromiso e a implicación dos participantes.

Durante a súa estadía, os doce voluntarios, procedentes de diversos puntos de Galicia, País Vasco, Castela e León, Castela-A Mancha, Madrid e Andalucía, realizaron labores de limpeza e eliminación de especies invasoras no río Louro e nos seus afluentes, coa coordinación da asociación ecoloxista Verdegaia. Ademais, participaron en actividades de lecer, excursións e visitas culturais pola comarca.
“Este tipo de experiencias son fundamentais para fomentar valores como a solidariedade, a convivencia e o respecto polo medio ambiente”, destacou Lara Meneses, quen puxo en valor a colaboración entre administracións para ofrecer á mocidade alternativas de lecer educativo e comprometido.

O alcalde Alejandro Lorenzo agradeceu a todos os participantes “por escoller O Porriño para vivir esta experiencia e contribuír ao coidado da nosa contorna natural”, e reafirmou a aposta do Concello por programas que combinen voluntariado, formación e lecer activo.
Este é o segundo ano que o Concello organiza un campo de voluntariado de temática ambiental, despois do das Gándaras de Budiño celebrado o pasado ano; mentres que as tres edicións anteriores estiveron centradas na figura de Antonio Palacios.

Publicacións Relacionadas