HomePontevedraBaixo MiñoA Concentración Cabalar de San Bartolomeu reunirá este domingo a miles de...

A Concentración Cabalar de San Bartolomeu reunirá este domingo a miles de persoas

- Anuncio -spot_img

Celebrarase na rúa Loureiro con distintas actividades ao longo da mañá

Este domingo, 24 de agosto, agárdanse a miles de persoas na Concentración Cabalar de San Bartomolomeu. A coincidencia en domingo de seguro sumara máis públicos a este evento que cada ano congrega aos afeccionados ao mundo do cabalo, sendo unha das dúas citas anuais que teñen lugar en Tui, xunto á de San Telmo.

Na rúa Loureiro ultímanse os preparativos para acoller este domingo as distintas actividades previstas que comezarán ás 8 h coa chegada dos primeiros participantes na concentración.

Ás 11 h celebrarase o espectáculo “Reality Show Ecuestre libre”, para o que é preciso inscribirse con 48 horas de antelación no WhatsApp  639 10 93 78 enviando un vídeo resumo da actuación e a duración estimada.

Logo, ás 12 h, chegará o espectáculo ecuestre “Aires de Romero”, seguido da entrega dos premios especiais cos que se recoñecerá a mellor presentación en diferentes categorías: xinetes, amazonas, cabalos, ponis, burros, mulas e carruaxes.

Para pechar a concentración, ás 13.30 h,  celebrarase o espectáculo “Experiencia Pura Vida Ecuestre” que combina arte ecuestre e tradición.

Programa de actividades

  • Ás 8 h Apertura concentración
  • Ás 11 h Espectáculo ecuestre “Reality Show Ecuestre Libre”*
    • Proba libre de doma: todas as persoas participantes poderán presentar o número ou habilidade que teñan co seu animal libremente. Todos os participantes recibirán unha axuda económica. É imprescindible inscribirse cun mínimo de 48 horas de antelación, tamén é necesario enviar un vídeo resumo da da actuación e duración da mesma ao WhatsApp 00 34 639 10 93 78
  • Ás 12 h Espectáculo ecuestre “Aires de Romero2
  • Ás 13 h Entrega de premios especiais
  • Premios especiais á mellor presentación, xinetes, amazonas, cabalos, ponis, burros, mulas e carruaxes
  • *Outorgaranse entre ás 11 e ás 13 h para as persoas que circulen na pista de presentación á entrada da concentración
  • Ás 13.30 h Espectáculo ecuestre de clausura “Experiencia Pura Vida Ecuestre”

Publicacións Relacionadas