HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO Museo de Pontevedra programa teatro de improvisación a cargo de Impro...

O Museo de Pontevedra programa teatro de improvisación a cargo de Impro Pechá

- Anuncio -spot_img

A compañía malagueña actuará o martes 26 de agosto ás 19:00 horas no Edificio Castelao, con acceso libre ata completar a capacidade

O salón de actos do Edificio Castelao, no Museo de Pontevedra, acolle o martes 26 de agosto ás 19:00 horas unha sesión de teatro de improvisación a cargo da compañía malacitana Impro Pechá. Trátase dun espectáculo baseado en números de comedia improvisada particularmente adaptados á ocasión, un formato interactivo onde a participación do público é fundamental.

No marco da sesión que acolle o Museo o próximo martes, a compañía pide propostas e suxestións ás persoas asistentes que serán a base para as escenas improvisadas. O espectáculo, dirixido a todos os públicos, é de acceso libre ata completar a capacidade.

Impro Pechá formouse en 2018 en Málaga. Desde o seu inicio tivo como obxectivo expandir o teatro de improvisación a través de espectáculos, talleres e cursos. Conta con máis de 130 representacións á súas costas, incluíndo un espectáculo semanal en diferentes localizacións e unha residencia mensual en Cocheira Cabaret, Málaga.

Publicacións Relacionadas