HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López dá a benvida ao novo comandante director da Escola Naval...

Luis López dá a benvida ao novo comandante director da Escola Naval Militar de Marín, Tomás Clavijo

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este mércores no seu despacho do Pazo provincial ao novo Comandante-Director da Escola Naval Militar de Marín, Tomás Clavijo Rey-Stolle. Un encontro que serviu para darlle á benvida á provincia ao novo máximo responsable do centro marinense e que manterá ata o ano 2029. Despois de facerlle entrega dun agasallo institucional, ambos os dirixentes abordaron asuntos de interese mutuo para as dúas institucións e amosaron a súa disposición para seguir estreitando a colaboración entre a Escola Naval Militar de Marín e a Deputación de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas