HomeA CoruñaCastiñeiras celebrará as Festas do Verán os días 22, 23 e 24...

Castiñeiras celebrará as Festas do Verán os días 22, 23 e 24 de agosto

- Anuncio -spot_img

· Habilitarase un catamarán con 120 prazas para a procesión do Carme.

No día de hoxe convocouse aos medios para cubrir a presentación das Festas do Verán de Castiñeiras da man do tenente de alcalde, Vicente Mariño, o concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta xunto ás compoñentes da Comisión de Festas, Manolita Vidal e Beatriz Rodríguez.

O concelleiro de Festexos debullou polo miúdo toda a programación da Festas do Verán de Castiñeiras que se levarán a cabo os vindeiros 22, 23 e 24 de agosto, “este ano temos como novidade a procesión marítima cun catamarán de 120 prazas”.

O venres 22 comezan as festas co día do Sagrado Corazón onde haberá a Misa ás 20:00 horas na honra ao Sagrado Corazón de Xesús cantada polo Coro Parroquial Bon Pastor de Castiñeiras, xa pola noite a partir das 22:30 horas, Planet Disco Móvil contará cos Dj´s Maikel Style e Tito Maverick.

O sábado 23 será o día de San Cristovo onde destaca a Gran Sardiñada a partir das 13.00 horas, ás 17.00 horas haberá para os máis pequenos unha Sesión Infantil de Inchables máis a Festa da Escuma ata as 20.00 horas, tamén teremos o tradicional Partido de Fútbol de Casados contra Solteiros nas pistas Punta do Castro ás 18:00 horas.

As 20.00 horas haberá a Misa na honra de San Cristovo cantada polo Coro Parroquial Bon Pastor de Castiñeiras seguida da procesión e bendición de vehículos. Pola noite a partir das 22:30 horas tocará o grupo Drippers e finalizará con Planet Disco Móvil amplificando a sesión de Dj Mateo Abelleira.
No derradeiro día de festa, o domingo 24, a protagonista será a Virxe do Carme onde se celebrará a Misa Solemne na súa honra na Igrexa do Bo Pastor a partir das 11:00 horas onde posteriormente saerá en procesión marítima no catamarán coa ofrenda floral na honra dos mariñeiros desaparecidos do mar.

O concelleiro do Mar informou sobre o catamarán que é financiado pola concellería que preside, Abraldes sinalou que recolleron a petición do pobo de Castiñeiras de levar á Virxe nun catamarán nas Festas do Verán. O concelleiro explicou que os tickets se repartirán na propia igrexa. A procesión marítima levará á Virxe do Carme ata o sinal e se fará unha parada á altura da Ameixida para botar as coroas florais ao son das bombas de palenque. Para finalizar o concelleiro agradeceu a Portos de Galicia pola celeridade no permiso para levar a cabo a procesión marítima.

A presidenta da Comisión de Festas, Manolita Vidal dou as grazas con emoción a todo o equipo de Goberno, “portáronse moi ben; e o de traer o catamarán xa é unha marabilla; me encanta levar a Virxe ao mar porque fai moitos anos que non navega”.

Para rematar o tenente de alcalde animou a veciños e visitantes a gozar destas festas e desta preciosa vila mariñeira da Ría de Arousa. Mariño tamén informou que se reforzara o servizo de limpeza municipal durante as festas.

Publicacións Relacionadas