Entre os meses de abril e xullo de 2025, o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, que acolle tamén o Punto de Información Turística Rías Baixas, rexistrou un total de 965 visitantes, fronte aos 591 contabilizados no mesmo período de 2024, o que supón un incremento superior ao 60%. Os datos correspondentes a este periodo por meses serían:
▪ Abril: 94
▪ Maio: 376
▪ Xuño: 187
▪ Xullo: 308
O máis salientable é a ampla diversidade xeográfica das persoas visitantes. Recibíronse tanto visitantes individuais como grupos organizados de lugares como: España: Galicia (Salvaterra, Vigo, Redondela, Ourense, Moaña, Ponteareas, A Cañiza, Arbo, Tomiño, Vilaboa, Lugo, Cerdedo, Carballiño, Santiago, A Coruña, Pobra do Caramiñal, Marín, Padrón…), así como comunidades como Madrid, Cataluña, Canarias e Valencia.
Internacionais: Portugal (Vila do Conde, Maia, Caminha, Viseu), Francia, Suiza, Inglaterra, Irlanda, México, Brasil, Arxentina e Estados Unidos.
Ademais, cómpre destacar a visita de grupos institucionais a través da Deputación de Pontevedra, entidades de desenvolvemento rural (GDR) ou axencias de viaxes; que tamén escolleron o museo como punto de parada e divulgación.
Durante o mes de agosto, o Museo da Ciencia do Viño continúa aberto no seu horario habitual de xoves a domingo de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.
Con estos datos, Salvaterra de Miño consolídase como destino enoturístico e cultural de referencia no corazón do Condado do Tea.