O Concello de Redondela decorará cun gran mural a rúa peonil de Pai Sarmiento a cargo da artista local Paula Amoedo. O mural realizarase no chan, como unha homenaxe á tradición das alfombras florais, e contará coa participación de mozos e mozas que desexen colaborar nesta actividade artística. Os participantes deben ser maiores de 12 anos. A inscrición pode solicitarse no Multiúsos da Xunqueira e presentala no Rexistro Xeral do Concello de Redondela. O prazo estará aberto do 25 ao 29 de agosto.
O mural realizarase entre o 1 e o 5 de setembro, de 10.00 a 12.00 horas. O primeiro día, luns día 1, realizaranse os preparativos no Multiúsos da Xunqueira, e desde o martes ata o venres desenvolverase na propia rúa Pai Sarmiento. A actividade de balde.