HomePontevedraO Concello disposto a aumentar a colaboración coa Escola Oficial de Idiomas

O Concello disposto a aumentar a colaboración coa Escola Oficial de Idiomas

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá á directora e á xefa de estudos da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra para estreitar os lazos de colaboración entre as dúas entidades. O alcalde explicou que o Concello xa ten tido colaboracións previas coa Escola como nos campionatos internacionais de tríatlon ou, incluso, ofertando cursos para taxistas, pero que ambas institucións están dispostas a incrementar esta colaboración “porque o turismo cada vez é máis internacional e cada vez temos máis eventos de ámbito internacional. Eles queren botar unha man”.

A directora do centro María Fernández González explicou que a colaboración podería chegar ao programa Noites Abertas incluíndo algún obradoiro que pode facer a Escola ou nos futuros eventos deportivos internacionais que ten programados o Concello. O obxectivo da EOI é dar a coñecer o traballo da escola entre a veciñanza e achegar a súa oferta a toda a comunidade.

Publicacións Relacionadas