HomeO SalnésA Illa de ArousaA Deputación aproba destinar 150.000 € no marco do Plan +Provincia á...

A Deputación aproba destinar 150.000 € no marco do Plan +Provincia á Illa de Arousa

- Anuncio -spot_img

Luis López deu conta da aprobación dos recursos, cos que A Illa de Arousa fará fronte ao financiamento da rehabilitación e reacondicionamento das Casas dos Mestres do CEIP Torre-Illa

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra deu luz verde este venres á aprobación de novos recursos do Plan +Provincia que permitirán que o Concello da Illa de Arousa faga fronte á rehabilitación e reacondicionamento das Casas dos Mestres do CEIP Torre-Illa. A Deputación sufragará integramente estas actuacións, sinalou Luis López, para as que o concello recibirá máis de 150.000 euros.

O presidente provincial lembrou que o Plan +Provincia, “do que xa levamos distribuídos máis de 42 millóns de euros neste 2025 entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra”, é o “plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación”. Con esta actuación, o centro educativo da Illa de Arousa contará cun espazo onde poder acoller servizos como o comedor escolar ou a ludoteca de verán.

Publicacións Relacionadas