Parque Vuelta (Avda. de Sanguiñeda):
16:30 h → Apertura ao público da zona Parque Vuelta, con retransmisión en directo da etapa.
Desde a apertura → Actividades, obradoiros e animación infantil.
21:00 h → Peche do Parque Vuelta.
Este espazo ofrecerá actividades lúdicas para todas as idades, obradoiros e animación infantil, ademais da retransmisión en directo da etapa, e será un punto de encontro para familias, afeccionadas e afeccionados ao ciclismo.
O Concello de Mos convida a toda a veciñanza a participar activamente nesta xornada histórica, a gozar do espectáculo deportivo e a compartir con orgullo a proxección que a La Vuelta 2025 lle dará ao noso municipio.