HomeVigoMosMos ultima os preparativos para a chegada de La Vuelta 2025

Mos ultima os preparativos para a chegada de La Vuelta 2025

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mos revisou hoxe, xunto coa organización da Vuelta Ciclista a España, a disposición e coordinación das diferentes zonas que acollerán mañá a etapa 16, con saída en Poio e final no Alto do Castro de Herville.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acompañada polo xefe da Policía Local de Mos en funcións, Víctor Diz, supervisou sobre o terreo que todo estea en orde en materia de loxística e seguridade.

Durante a revisión comprobáronse as instalacións da meta en Herville, o Parque Vuelta en Sanguiñeda, así como o British School de O Castro, que será a sede da sala de prensa oficial e do Taller Škoda.

A rexedora Nidia Arévalo destacou a importancia de que “todo estea perfectamente coordinado para garantir tanto a seguridade como o goce de veciños e visitantes neste día histórico para Mos”.

Mos xa o ten todo preparado para acoller unha das máis importantes probas deportivas do mundo, que terá a Mos como anfitrioa.

Publicacións Relacionadas