HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación colaborará con AGEFEC na organización dun congreso sobre enfermaría que...

A Deputación colaborará con AGEFEC na organización dun congreso sobre enfermaría que tamén contribuirá a promocionar os atractivos turísticos de Ourense

- Anuncio -spot_img

Así o acordaron o presidente provincial, Luis Menor e a presidenta da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), Belén González, tras unha reunión de traballo no Pazo Provincial

O Congreso, que organizará AGEFEC o vindeiro 2026 co apoio da Deputación, desenvolverase baixo o título “Enfermaría que evoluciona, unha ponte cara a saúde”

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reuniuse no Pazo Provincial coa presidenta da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), Belén González, entidade que organizará para o vindeiro 2026 co apoio da Deputación de Ourense, un congreso na cidade baixo o título “Enfermaría que evoluciona, unha ponte cara a saúde”.

AGEFEC, fundada no 2007, agrupa a máis de 700 asociados cunha actividade centrada na enfermaría familiar e comunitaria e que dentro desas accións enmárcase a organización deste congreso relativo aos seus obxectivos profesionais que terá lugar na cidade de Ourense. Desde a Deputación “comprometémonos a facilitar” a celebración deste simposio que pretende “dar un salto cualitativo” e superar os 300 asistentes que participaron na edición anterior, sinalou Luis Menor.

Ademais, servirá como punto de encontro para os profesionais, pero tamén ten como obxectivo, -común a ambas institucións-, que é “promocionar a capital e a provincia”, polo que esta colaboración tamén se traducirá na inclusión de experiencias turísticas no programa do congreso que contribúan a dar coñecer entre os asistentes as potencialidades deste territorio, explicou Luis Menor.

A presidenta de AGEFEC, quen asistiu á reunión de traballo acompañada por asociadas desta entidade, Andrea Fernández e Raquel Mera, agradeceu a colaboración da Deputación para desenvolver “este congreso que se realiza cada dous anos e no que pretendemos dar un salto cualitativo, tanto na duración do curso como nos recursos que se ofrecen”.

Ante a alta oferta de congresos, a directiva apostou por diferenciarse dos demais incluíndo unha oferta de turismo que xere valor engadido ao propio congreso.

Publicacións Relacionadas