HomeXunta de GaliciaA Xunta felicita ás 48 persoas a entidades galardoadas cos premios Deporte...

A Xunta felicita ás 48 persoas a entidades galardoadas cos premios Deporte Galego por situar a Galicia como referencia mundial no ámbito deportivo

- Anuncio -spot_img
  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participan na gala celebrada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra
  • Diego Calvo define ao CGTD como centro de referencia da excelencia competitiva da comunidade, do que saíron case 40 olímpicos e paralímpicos e ao que están vinculados varios dos premiados
  • Teresa Abelleira, Adrián Ben, Melania Rodríguez, Rodrigo Corrales, Jorge Prado, Susana Rodríguez, Judith Rodríguez, Adiaratou Iglesias, Gustavo Dacal, Martín de la Puente, Damián Ramos e Juan Antonio Saavedra son algúns dos homenaxeados

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, xunto co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participaron esta tarde no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra na gala dos Premios Deporte Galego 2023-2024.

Na súa intervención, Diego Calvo destacou o papel das 48 persoas e entidades galardoadas para situar a Galicia como referencia mundial no ámbito deportivo. Así, enxalzou o alto nivel que acadou o deporte galego nos últimos anos e lembrou o compromiso da Xunta para apoiar este crecemento con medidas como a futura transformación do CGTD, que hoxe acolleu o evento, nun Centro de Alto Rendemento (CAR) que permita manter e mesmo aumentar a excelencia do deporte na comunidade.

De feito, varios dos galardoados hoxe manteñen vinculación co CGTD, xa sexa porque adestran e se forman alí ou porque forman a outros deportistas. Ademais, como sinalou o conselleiro, este centro é todo un referente da excelencia competitiva da comunidade, como demostran os case 40 olímpicos e paralímpicos que se prepararon nestas instalacións, como é o caso dos piragüistas David Cal ou Teresa Portela. 

Na súa intervención, felicitou a todos os galardoados, aos que definiu como “o punto máis alto da excelencia deportiva de Galicia”, e tamén a todas as persoas que traballan cada día para obter os bos resultados que permiten ao deporte galego estar no seu mellor momento.

Nesta liña, algunhas das cifras que acreditan ese bo momento do deporte en Galicia son as 320.000 licenzas deportivas activas na actualidade, os 150.000 nenos e nenas que participan no programa Xogade para fomentar o deporte base, os 1.700 deportistas galegos de alto nivel, os 250 clubs de alta competición, os 7.000 clubs galegos inscritos no Rexistro de Entidades ou as 59 federacións deportivas.

Case medio cento de premios

Os premios entregados hoxe recoñecen aos máis destacados axentes do ámbito deportivo de Galicia e distinguen a 25 premiados nas 19 categorías de 2023, así como 23 nas mesmas categorías de 2024.

Lista de premiados do ano 2023:

  1. Mellor deportista feminina: Teresa Abelleira Dueñas (fútbol)
  • Mellor deportista feminina con discapacidade (ex aequo): Susana Rodríguez Gacio (tríatlon) e Adiaratou Iglesias Forneiro (atletismo)
  • Mellor deportista masculino: Adrián Ben Montenegro (atletismo)
  • Mellor deportista masculino con discapacidade: Gustavo Dacal Martínez (atletismo)
  • Mellor deportista revelación feminina (ex aequo): Laura Vázquez Fernández (judo) e Helena García Suárez (taekwondo)
  • Mellor deportista revelación masculino: Jaime Wizner Pérez Lafuente (vela)
  • Mellor equipo feminino (ex aequo): Celta Femxa Zorka – CD Bosco e Club Universitario Baxi de Ferrol (baloncesto)
  • Mellor equipo masculino: Selección Galega UEFA (fútbol)
  • Mellor equipo inclusivo: Club Deportivo Delikia (tríatlon e atletismo)
  1. Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Patinaxe Artística Gondomar (patinaxe artística) 
  1. Mellor adestrador ou adestradora (ex aequo): Jonatan Giráldez Costas (fútbol) e Pablo Clemente Hinójar Rey (ximnasia)
  1. Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Nagore Valle Benito (judo)
  1. Mellor labor informativo: DxT Campeón
  1. Mellor evento deportivo (ex aequo): Karate 1 Youth League (A Coruña) e Final das Series Mundiais Tríatlon (Pontevedra)
  1. Mellor patrocinio deportivo: Aceites Abril
  1. Premio ao xogo limpo:  Florina Valentina Medrea (baloncesto)
  1. Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa (ex aequo): Concello de Abegondo e Concello de Arteixo
  1. -Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: BeOne
  1. -Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: IES Xograr Afonso Gómez (Lugo)

Lista de premiados do ano 2024:

  • Mellor deportista feminina: Melania Rodríguez Muñoz (ximnasia)
  • Mellor deportista feminina con discapacidade (ex aequo): Judith María Rodríguez Menéndez (esgrima) e Susana Rodríguez Gacio (tríatlon)
  • Mellor deportista masculino: Rodrigo Corrales Rodal (balonmán) e Jorge Prado García (motociclismo)
  • Mellor deportista masculino con discapacidade (ex aequo): Damián Jaime Ramos Sánchez (ciclismo), Martín de la Puente Riobó (tenis) e Juan Antonio Saavedra Reinaldo (tiro olímpico)
  • Mellor deportista revelación feminina: Daniela Suárez Fernández (natación artística)
  • Mellor deportista revelación masculino: David Mella Boullón (fútbol)
  • Mellor equipo feminino: Club Deportivo Burela Fútbol Sala (fútbol sala)
  • Mellor equipo masculino: Club Básquet Leyma Coruña (baloncesto)
  • Mellor equipo inclusivo: equipo español Barco Dragón DB10 200 metros (piragüismo)
  • Mellor entidade na promoción do deporte de base: Club Emevé (voleibol)
  • Mellor adestrador ou adestradora: Daniel Brage Casteleiro (piragüismo)
  • Mellor árbitro/a ou xuíz/a: Dolores Rojas Suárez (atletismo)
  • Mellor labor informativo: Soltando Estacha (CRTVG)
  • Mellor evento deportivo: Campionato do Mundo de Motocrós MXGP Lugo
  • Mellor patrocinio deportivo: Abanca
  • Premio ao xogo limpo:  equipo cadete da Sociedade Deportiva Burela (fútbol)
  • Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Concello de Ribadeo
  • Premio Galicia Saudable á entidade de carácter privado destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: Carreira Alternativa (AGAXEDE)
  • Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa: IES As Lagoas (Ourense)

Publicacións Relacionadas