Continúa aberto o prazo de inscrición para participar neste evento formativo que alcanza a súa 25ª edición dirixido a adestradores, xogadores e apaixoados do baloncesto e que terá lugar o 13 de setembro
Este sábado, 13 de setembro de 2025, o Pazo dos Deportes Paco Paz acollerá a 25ª edición do Clinic Deputación de Ourense, un dos eventos formativos máis destacados para adestradores, xogadores e apaixonados do baloncesto. Baixo o lema “As Catro Fases do Xogo en Baloncesto”, esta cita reunirá a catro adestradores de referencia en España, acompañados dos seus corpos técnicos de Liga Endesa e Primeira FEB.
O prazo de inscrición continúa aberto e o prezo é de 40 € para o público en xeral e de 10 € para aboados da As Burgas Basket Cup (anexando o abono). As ligazóns para formalizar as inscricións son as seguintes:
https://www.clubourensebaloncesto.com/index.php?lm=3149
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdZKS2h3juOpYfax2397zHucJ7qBNTyVWi9PeWlUfut07oHUw/viewform
Asistir ao Clinic Deputación de Ourense 2025 garante unha apendizaxe de adestradores de primeiro nivel, con contidos prácticos aplicados ao baloncesto actual, o que permitirá certificar 12 horas a través da Federación Galega de Baloncesto con técnicos e profesionais do sector.
O XXV Clinic Deputación de Ourense está deseñado para ofrecer unha formación práctica e táctica sobre os conceptos que definen o baloncesto moderno. A xornada celebrarase de 10:00 a 14:00 horas e incluirá catro conferencias dunha hora centradas nas principais fases do xogo: ataque no medio campo, transición ofensiva, defensa individual e transición defensiva.
Ademais, o evento será válidado como 12 horas de formación complementaria para alumnos/as da Federación Galega de Baloncesto (FGB).
Contidos e obxectivos do Clinic
O XXV Clinic Deputación de Ourense abordará os seguintes aspectos clave: Principios ofensivos: ocupación de espazos e lectura de vantaxes; xogo rápido: como xerar vantaxes antes de que a defensa se organice; defensa individual: responsabilidade e axudas defensivas; rebote e transición: claves para pasar de ataque a defensa de forma eficaz.
O obxectivo desta formación é que os asistentes adquiran ferramentas tácticas e metodolóxicas aplicables ao traballo diario nos seus equipos.
Relatores confirmados
Os adestradores que impartirán os relatorios son: Luis Casimiro (Río Breogán), que falará de ataque no medio Campo; Jaume Ponsarnau (Surne Bilbao Basket), que explicará o early game e transición ofensiva; Jaka Lakovic (Dreamland Gran Canaria), quen analizará a defensa individual; e Moncho López (Club Ourense Baloncesto), quen abordará a transición defensiva.