HomeVigoBaionaO concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra presentan a edición...

O concello de Baiona e a Deputación de Pontevedra presentan a edición 2025 do Plan +Convivir

- Anuncio -spot_img

O Concello de Baiona acolle unha nova edición do evento +Convivir na súa edición de 2025, programa que renova a Deputación de Pontevedra pola gran afluencia de público asistente nos eventos do programa celebrados en 2024.

O encontro no Concello de Baiona terá lugar o próximo día 20 de setembro en horario de tarde, no pavillón municipal de deportes, desde as 16:30 h ata as 20:30 h e finalízase o evento cun viño galego acompañado dunha actuación musical.

Realizaranse entre os asistentes, actividades como unha charla de primeiros auxilios e nutrición, seguidos dunha clase de risoterapia e para finalizar unha clase de Bailes de salón.

Desde o Concello de Baiona queremos animar a todos os veciños a asistir a este evento, xa que o obxectivo do mesmo é conectar entre eles ás diferentes franxas de idade para que poidan relacionarse e realizar actividades todos unidos baixo un mesmo teito.

Publicacións Relacionadas