O vindeiro martes día 9 de setembro a vila de Baiona recibe o paso da 16ª etapa da volta ciclista a España 2025 entre Combarrro e Mos.
A etapa transcorre por Baiona pola EP-2201 en Baiona, a PO-552 cara a Fontes, e pola EP-22002 por Baiña, nas cales se realizasen restricións de circulación nas vías indicadas entre as 14:30 e 17:00h.
Anteriormente ao paso do pelotón ciclista, entre as 14:20h e as 14:50h, teremos á caravana publicitaria repartindo merchandising na rúa Carabela A Pinta, obsequiando con máis de 5000 agasallos aos veciños e visitantes que se queiran achegar a ver o paso dos ciclistas por nosa Villa.
Desde o Concello de Baiona queremos animar a todos os afeccionados a ver persoalmente o paso do pelotón dunha forma ordenada e cumprindo a normativa vixente para este tipo de eventos xa que calquera pequeno erro pode provocar unha caída dos participantes.