HomeA CoruñaA CoruñaEn marcha a IV edición do ciclo de concertos gratuítos Noites na...

En marcha a IV edición do ciclo de concertos gratuítos Noites na Cidade Vella, con actuacións de música de cámara en espazos singulares

- Anuncio -spot_img

O guitarrista Marcos Díaz e o conxunto de corda Quartet Hana actuarán esta semana

Desde o pasado 4 de setembro está en marcha a IV edición do ciclo de concertos gratuíto Noites na Cidade Vella. “Esta iniciativa municipal achega á cidadanía actuacións de música de cámara con actuacións en espazos singulares e monumentais da nosa cidade, elevando a cultura á súa máxima expresión”, sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

O ciclo ofrece nesta edición once concertos ata gratuítos ata o 18 de outubro en edificios históricos e museos emblemáticos da cidade, con entrada libre ata completar capacidade. Este xoves 11, ás 20.00 horas, o paraninfo do Reitorado da Maestranza acollerá a actuación do guitarrista Marcos Díaz. Esta semana, ademais, o sábado 13 celebrarase ás 20.00 horas na iglexa das Capuchinas a actuación de Quartet Hana.

O programa reúne a destacados intérpretes nacionais e internacionais, como o violonchelista Santiago Cañón-Valencia ou o violinista Kevin Zhu, o Dúo Mandala, a pianista Marianna Prjevalskaya, entre outros. A Orquestra de Cámara Galega, orquestra residente do ciclo e dirixida por Rogelio Groba Otero, ofrecerá dous concertos especiais.

Un percorrido musical polo patrimonio da cidade

Os concertos celébranse en espazos singulares como o Teatro Rosalía de Castro, o Paraninfo do Reitorado da Maestranza, as igrexas das Capuchinas, Santa Lucía e Dominicos, o Museo de Belas Artes, a Fundación Luis Seoane, o Palacio de Capitanía e a Sala de Exposicións do Concello.

Calendario de actuacións
 11 de setembro – Paraninfo do Reitorado da Maestranza: Marcos Díaz (guitarra)
 13 de setembro – Igrexa das Capuchinas: Quartet Hana (cordas)
 18 de setembro – Palacio de Capitania: Dúo Mandala (violins)
 20 de setembro – Igrexa de Santa Lucía: Orquestra de Cámara Galega
 26 de setembro- Museo de Belas Artes: Jun Hyung Lee Lee (cello) Karla Martínez (piano)
 2 de outubro – Afundación: Marianna Prjevalskaya (piano)
 4 de outubro – Sala de Exposicións do Concello Maria Pita: Kevin Zhu (violín)
 11 de outubro – Matinal. Museo Belas Artes: Duo Indigo /concerto familiar
 11 de outubro- Fundación Luis Seoane: Orquestra de Cámara Galega
 18 de outubro – Igrexa dos Dominicos: Cuarteto Casals (cordas)

Publicacións Relacionadas