HomePontevedraO CondadoArracan a pleno rendemento as aulas matinais ofertadas polo concello de Ponteareas

Arracan a pleno rendemento as aulas matinais ofertadas polo concello de Ponteareas

- Anuncio -spot_img

ARRANCAN A PLENO RENDEMENTO AS AULAS MATINAIS OFERTADAS POLO CONCELLO DE PONTEAREAS

A alcaldesa Nava Castro e o concelleiro de Ensino, Ricardo González, visitaron algunhas das aulas matinais que oferta o Concello para facilitar a conciliación familiar e laboral. Este servizo municipal ofrece tamén aula tardía no CEIP Feliciano Barrera da parroquia de Guláns e aula de comedor no CEIP Santiago de Oliveira.

Subvencionado para que as familias afronten o menor custo posible, nas aulas matinais, tardías e de comedor participaron o curso pasado arredor de 200 alumnos/as. Unha cifra que será superada este ano ao estar xa nesta primeira semana a pleno rendemento. “Nesta primeira semana na que o alumnado de primeiro de infantil aínda está en proceso de adaptación xa se acadan case o número de usuarios total do curso pasado polo que a previsión é de que incremente o número ao se incorporar as nenas e nenos de infantil e os seus irmáns/ás”, explica o concelleiro.

As aulas matinais abren as súas portas cada mañá de luns a venres a partir das sete para que as nais e pais poidan deixar aos seus fillos e fillas nun espazo seguro no que aprender, xogar e socializar.

As aulas matinais e tardías forman parte da estratexia do goberno de ampliar e mellorar os servizos municipais, “é indispensable pór a disposición das familias todos os recursos posibles e que a cidadanía atope na súa vila todo o posible para un correcto desenvolvemento do seu día a día”.

Publicacións Relacionadas