HomeDeputaciónsDeputación OurenseLuis Menor recibe ao novo presidente da Confederación Empresarial de Ourense, César...

Luis Menor recibe ao novo presidente da Confederación Empresarial de Ourense, César Blanco

- Anuncio -spot_img

Nesta primeira reunión institucional, os máximos representantes da Deputación e da CEO acordaron manter intacta a cooperación e colaboración entre ambas entidades

O presidente da Deputación, Luis Menor, recibiu no despacho do Pazo Provincial ao novo presidente da Confederación Empresarial de Ourense, César Blanco, designado de xeito unánime pola Xunta Directiva da CEO logo do pasamento da anterior presidenta, Marisol Nóvoa. Segundo os estatutos deste organismo, Blanco ocupará este posto de xeito provisional ata as vindeiras eleccións, nun prazo máximo dun ano.

Nesta primeira reunión institucional entre ambos presidentes, os máximos representantes da Deputación e da patronal ourensá acordaron manter intacta a cooperación e colaboración entre ambas entidades. “O tecido empresarial é o gran motor que impulsa a economía da nosa provincia”, recalcou Menor para sinalar que a institución provincial “continuará a reforzar a alianza cun organismo que é clave para o crecemento económico no noso territorio”.

César Blanco mostrouse con total dispoñibilidade e vontade para continuar traballando polo tecido empresarial da provincia, dando continuidade aos proxectos iniciados no mandato anterior e afrontar os retos que o colectivo ten na provincia.

Tanto Menor como Blanco tiveron tamén un emotivo recordo cara a anterior presidenta da CEO, destacando a gran achega e legado que Marisol Novoa deixou na Confederación durante os seis anos que estivo á fronte da mesma.

Publicacións Relacionadas