HomeOurenseOurenseConcello e Avanza instalarán unha carpa en diferentes barrios da cidade para...

Concello e Avanza instalarán unha carpa en diferentes barrios da cidade para informar a cidadanía das novas liñas de autobús

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense e a empresa concesionaria Avanza instalarán unha carpa desde o luns, 15, até o luns, 22 de setembro en diferentes barrios da cidade para informar a cidadanía acerca da nova rede de liñas do servizo de autobuses urbanos, que entrará en funcionamento o vindeiro martes, 16.

A carpa estará aberta todas as mañás de 11.00 a 13.00 horas, percorrendo diferentes localizacións, e cada tarde, de 17.00 a 20.00 h na Praza do Bispo Cesáreo. Así, o luns pola mañá estará en Bispo Cesáreo (Alameda), o martes na explanada da estación intermodal, o mércores na residencia (rúa Ramón Puga, 54, xunto ao quiosco), o xoves na Avenida da Universidade (número 18), o venres, na Praza da Mariña, o sábado e o domingo na Praza do Bispo Cesáreo e o luns seguinte, no Parque de San Lázaro.

O Concello de Ourense lembra que o servizo de autobuses urbanos será gratuíto desde o martes, 16, até o luns, 22 de setembro, pola celebración da Semana da Mobilidade.

Publicacións Relacionadas