A Casa Cultural de Mougás acolle este sábado 13 de setembro o Concerto de Verán, tradicional cita coa música de corais. A cita dará comezo ás 19.00 horas e contará coa participación dun total de tres formacións, sendo a anfitrioa a Coral Polifónica Vagalume de Oia.
A tradicional cita musical do estío oiense ofrecerá este ano un vibrante concerto a cargo de tres formacións corais da provincia de Pontevedra. Serán a Coral Polifónica da Cañiza, a Masa Coral do S.C.R de Beade e a Coral Polifónica Vagalume de Oia.
O Concerto de Verán está organizado pola Coral Vagalume de Oia e conta coa colaboración do Concello de Oia e da Deputación de Pontevedra (Culturea).