O Concello de Ourense informa de que, con motivo da celebración da Semana da Mobilidade, o vindeiro martes, día 16 de setembro, entrarán en servizo as cámaras de control de acceso de vehículos ao centro histórico e o dispositivo de control de velocidade en diferentes rúas da cidade a través de radar.
O goberno municipal confía na colaboración das persoas condutoras no cumprimento das normas da Dirección Xeral de Tráfico e da ordenanza de tráfico municipal.