HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación reforza a súa cooperación cos talleres de vehículos, sector “estratéxico...

A Deputación reforza a súa cooperación cos talleres de vehículos, sector “estratéxico e xerador de emprego” na provincia

- Anuncio -spot_img

Luis Menor visitou as instalacións de ATAVE no Cumial, poñendo en valor a “gran oportunidade” que ofrece a entidade aos mozos desempregados ao formalos en necesidades específicas que demandan as empresas

Ricardo Borrajo, presidente de ATAVE, destacou que a gran parte dos asociados son “pequenos autónomos” aos que se lles dan servizos esenciais para afrontar retos como a electrificación do vehículo ou as normativas cambiantes

A institución provincial outorgou en 2025 unha axuda de 50.000 euros para gastos de funcionamento da asociación de talleres

A Deputación de Ourense reforza a súa colaboración coa Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos (ATAVE), sector que o presidente da institución ourensá, Luis Menor, define como “estratéxico para xerar riqueza e emprego” na provincia. Así o manifestou durante unha visita ás instalacións de ATAVE no Cumial, onde coñeceu aos mozos que realizan accións formativas nesta sede, ofrecéndolles un impulso á súa carreira laboral, á vez que se dota ao mercado dos perfís máis demandados.

A Deputación de Ourense outorga a ATAVE unha axuda de 50.000 euros para gastos de funcionamento, dándolle así un impulso a unha entidade que representa a 360 asociados, tanto talleres como concesionarios, e que supoñen o 95% dos talleres da provincia, representando a tódalas comarcas.

Luis Menor puxo en valor o Centro de Formación de ATAVE como unha “gran oportunidade” para os mozos desempregados, ao darlles unha cualificación técnica e atender así a “falta de man de obra especializada das empresas”.

Neste sentido, o presidente provincial recoñeceu o traballo realizado por esta entidade ao longo da súa traxectoria, sendo parte fundamental do tecido empresarial de Ourense que co seu labor son os encargados de “crear e xear riqueza, así como atraer e reter talento”. Por elo, animou a súa directiva a continuar con esta folla de ruta que contribúe a que esta provincia sexa “máis industrial, ofrecendo emprego de calidade, porque iso é o que queremos tamén para Ourense, que a industria sexa un músculo importante da economía ourensá”.

Pola súa banda, o presidente de ATAVE, Ricardo Borrajo, que guiou a visita acompañado por membros da xunta directiva, destacou que a maioría dos asociados son “pequenos talleres, autónomos cun ou dous empregados aos que damos un servizo e que non se vexan sós”. Por elo, Ricardo Borrajo agradeceu á Deputación o seu “apoio constante” a esta entidade que “nos permite continuar a ofrecer servizos aos nosos asociados e acompañalos, sobre todo, nos cambios tecnolóxicos que está a sufrir o noso sector”.

Dentro dos retos que afronta o sector, subliñaron a descarbonización, a electrificación do vehículo e a adaptación a unha normativa cambiante.

O primeiro colectivo sectorial de Ourense

ATAVE foi o primeiro colectivo sectorial inscrito no rexistro de asociacións  da provincia de Ourense, en 1977 cun grupo de 33 empresarios.

O gran obxectivo de ATAVE é o seu Centro de Formación, que no que vai de 2025 formou a máis de cen desempregados. Ademais, máis de 420 traballadores dos talleres asociados se viron beneficiados de accións formativas.

Publicacións Relacionadas