HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación e o Catastro profundan na súa colaboración a través dun...

A Deputación e o Catastro profundan na súa colaboración a través dun convenio “innovador que redunda nun mellor servizo á cidadanía”

- Anuncio -spot_img

Este acordo, que substitúe ao anterior e que databa de 1999, ten adheridos a 40 municipios como beneficiarios das posibilidades que ofrecen os expedientes de comunicacións catastrais, pois aforran trámites ás persoas propietarias de inmobles de natureza urbana e rústica

O presidente provincial, Luis Menor, e o xerente territorial do Catastro, Manuel Junco, analizaron o desenvolvemento deste convenio durante os dous anos que leva operando

O presidente da Deputación, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo co xerente territorial do Catastro na provincia de Ourense, Manuel Junco, na que analizaron polo miúdo o desenvolvemento do convenio subscrito en 2024 entre ambas institucións e que mellora o servizo aos cidadáns da provincia.

Este convenio, que substitúe ao anterior e que databa de 1999, facilita unha actualización catastral maior a través das posibilidades que ofrecen os novos expedientes de comunicacións catastrais, pois aforran trámites á cidadanía, evitándolles aos propietarios ter que aportar información da que xa dispoñen as entidades locais.

Mantén tamén a encomenda de xestión das declaracións de alteracións físicas e xurídicas e amplía o seu obxecto aos inmobles de natureza rústica, algo que non contemplaba o anterior documento e que contribúe a unha maior seguridade xurídica no medio rural. Actualmente, están adheridos a este convenio 40 municipios da provincia e está xestionado, por parte da Deputación, un punto de información catastral a este respecto.

Dentro da análise da actividade desenvolta en virtude deste convenio durante 2024, Luis Menor e Manuel Junco destacaron cifras como as declaracións de alteración xurídica para 10.713 inmobles; os 306 expedientes de declaración de alteración física que afectan a 2.124 inmobles, ou as 2.556 comunicacións de actuacións en 14 municipios da provincia. Luis Menor e Manuel Junco tamén puxeron sobre a mesa os datos provisionais de tramitación durante o que vai de ano: 5.955 declaracións de alteración xurídica en inmobles; 235 expedientes de declaracións de alteración física con 1.643 inmobles alterados, así como as 705 comunicacións de actuacións en 3 municipios da provincia.

O presidente provincial avanzou que ambas entidades públicas acordaron  continuar e profundar, xa coa experiencia deste último ano, na vixencia deste convenio, nos seus obxectivos “e continuar prestando este servizo, que é innovador, é colaborativo con outras administracións e que, en definitiva, redunda nun mellor servicio público”, explicou Menor.

Neste encontro de traballo tamén quedou patente a utilidade que ten para o Catastro a realización de rueiros xeorreferenciados por parte dos municipios, proceso que está a ser facilitado en virtude da colaboración aportada pola Deputación.

Publicacións Relacionadas